CINZA, de Manel Cráneo: a adaptación dun experto.

13/12/2023

alt


Falámosvos hoxe da chegada dunha das obras máis agardadas dos últimos anos, o novo traballo de Manel Cráneo, alguen que se tivesemos que definir en dúas palabras para nós serían “proximidade” e  “acción”.  Cómpre dicir que, alomenos no ámbito da bd galega, foi e segue a ser unha figura clave nos últimos vinte anos.  Dende a súa editora Demo foi quen de impulsar e visibilizar multitude de proxectos doutros autores, editar catálogos, montar exposicións, facer incursións no campo do audiovisual ou organizar as actividades de eventos como o “Viñetas desde o Atlántico” na edición deste 2023.

 

OS SUICIDANTES, de Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero (Xerais): unha distopía compostelá.

01/12/2023

alt


Entre as numerosas novidades da bd galega que están a saír nestes últimos meses recibimos con especial ledicia a chegada d’Os Suicidantes, unha rechamante obra froito da confluencia de dúas voces ben inquedas e persoais como son a do xornalista, guionista e escritor Diego Ameixeiras e a do animador, ilustrador e historietista Tomás Guerrero. Para Diego esta novela gráfica representa o seu debut na banda deseñada, mentras que Tomás conta xa con varios títulos publicados en galego e máis en portugués entre os que sobresae O neto do homem mais sábio, a biografía gráfica de José Saramago. 

 

O PASO DO NOROESTE, de Xabier Queipo e Primitivo Marcos (Galaxia): aventuras en mares descoñecidos.

27/10/2023

alt


Presentámosvos hoxe unha das novidades máis salientables da bd galega neste 2023, a adaptación gráfica de O paso do Noroeste, a coñecida novela de Xavier Queipo que acadou o premio García Barros aló polo 1996. O mesmo autor afronta a difícil tarefa de converter o seu texto orixinal nun guión de cómic e lévalo ás viñetas coa inestimable e talentosa colaboración de Primitivo Marcos no debuxo.

 

BAJO LOS GUIJARROS, LA PLAYA, de Pascal Rabaté (Planeta): a descoberta da liberdade e do amor.

21/09/2023



Chega setembro e con el a fin desa paréntese das rutinas cotiás que son as vacacións. As acomodadas familias que veranean nunha pequena vila costeira bretona abandonan paseniñamente o seu retiro estival deixando baleiras as súas fermosas casas ao pé da praia.  Tan só Albert, Edouard e Francis, tres mozos de dezaoito anos a piques de comezar os estudos universitarios, fican uns días máis, sen a vixilancia dos seus pais, mentras se preparan para camiñar cara os prestixiosos futuros que auguran as súas tradicións familiares e posicións sociais.

 

Pásate por Komic Librería (ou contacta connosco)

01/09/2023


Podedes facernos chegar as vosas peticións, comentarios ou suxestións a través do email, do formulario de contacto de komic.es ou da nosa páxina en Facebook. Se queredes visitarnos na libraría, a continuación informámosvos dos nosos horarios e datos de localización:

 

2/5