Belatz presenta «O tesouro de Lucio» en Komic Librería

19/09/2018

Komic LIbrería: O tesouro de Lucio


O venres 21 de setembro, a partir das 18:00 horas, Belatz visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu cómic O tesouro de Lucio, editado en galego por Demo Editorial.

 

Komic Librería, na Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico 2018

27/07/2018

Komic Librería en Agosto


O vindeiro martes 1 de agosto, como cada ano, Komic Librería pechará as súas portas para desprazarse durante uns días á Coruña, onde estará presente en dúas citas estivais komiqueras de referencia: a Feira do Libro da Coruña e o salón Viñetas desde o Atlántico.

 

Abel Alves presenta «Segunda venida» en Komic Librería

20/06/2018

Komic Librería: Segunda venida


O venres 22 de xuño, a partir das 18:00 horas, Abel Alves visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic, Segunda venida, debuxado polo arxentino Juan Caminador. A obra narra a historia de Evangelina, unha moza de dezaoito anos á que lle cambiará a vida por completo de maneira inesperada nunha aventura de proporcións bíblicas .

 

Mariano Casas presenta «Mascarón de proa» en Komic Librería

02/05/2018

Komic Libreria: Mascarón de proa


O venres 4 de maio, a partir das 18:00 horas, Mariano Casas visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic: Mascarón de proa, un relato ambientado en Santiago de Compostela, iniciado en 2013 durante unha estancia do autor en Alemaña, e no que se atopa unha gran pegada do realismo máxico.

 

Lecturas con moita letra para celebrar o Día do Libro 2018

20/04/2018

La mujer leopardo


O Día do Libro que, como é tradicional, celebramos o vindeiro luns 23 de abril, é sempre para nós unha data ben especial. Celebramos a existencia dun artefacto marabilloso arredor do cal xira boa parte da nosa vida, tanto polo noso oficio de libreiros como pola nosa condición de lectores e bibliófilos. E, tamén como tódolos anos, desde Komic Librería propoñémosvos unha serie de lecturas relacionadas directamente co libro, coa lectura ou coa literatura que agardamos sexan do voso interese.

 

6/36