Accede ao máis destacado das novidades editoriais en www.komic.es

Komic Librería: Novidades editoriais


Se queredes mantervos informados dos mellores cómics que saen ao mercado, pulsando na etiqueta NOVIDADES da nosa web poderedes acceder aos artigos nos que, cada mes, comentamos os lanzamentos editoriais máis destacados que chegan a Komic Librería.

Komic Librería: Novidades editoriais

En Komic Librería primamos o criterio de calidade sobre o de actualidade, así que primeiro lemos as novidades, logo seleccionamos os títulos que máis nos chamaron a atención e, finalmente, incluímolos nun resumo que compartimos con todos vós.

Desta forma, cada mes ofrecerémosvos un artigo cos lanzamentos máis salientables do mes anterior, no que só aparecerán aqueles títulos que coñecemos e de verdade consideramos recomendables.

Botádelles unha ollada: axudaranvos a descubrir novas e boas lecturas.