Óliver Añón presenta «Canción para afundir flores no mar» en Komic Librería

04/02/2019

Canción para afundir flores no mar


O venres 8 de febreiro, a partir das 18:00 horas, Óliver Añón visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Canción para afundir flores no mar, flamante gañador do Premio Castelao 2018, galardón que a Deputación da Coruña dedica ao cómic.

 

Luís Davila presenta «O Bichero VIII» en Komic Librería

26/12/2018

Presentación de O Bichero VIII en Komic Librería


O xoves 27 de decembro, a partir das 18:30 horas, Luís Davila visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do volumen VIII de O Bichero, unha nova recompilación das súas microhistorias humorísticas dunha soa viñeta.

 

Abel Alves presenta «A tumba de Breogán» en Komic Librería

12/12/2018

Komic Librería: A tumba de Breogán


O venres 14 de decembro, a partir das 18:00 horas, Abel Alves visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic, A tumba de Breogán (Demo Editorial), ilustrado por Esteban Tolj. Tamén contaremos coa presenza do seu editor, o incombustible Manel Cráneo.

 

Jorge Campos presenta «Alter-nativo» en Komic Librería

22/11/2018

Komic Librería: Alter-nativo


O venres 23 de novembro, a partir das 18:00 horas, o ilustrador Jorge Campos visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu cómic Alter-nativo, editado por Aira das Letras.

 

Miguel Fernández presenta «La espada de San Eufrasio #2: tierra de lobos» en Komic Librería

08/11/2018

Komic Librería: La espada de San Eufrasio 2


O venres 9 de novembro, a partir das 18:30 horas, o debuxante Miguel Fernández visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do cómic La espada de San Eufrasio #2: tierra de lobos (Diábolo Ediciones), segunda entrega da adaptación da novela inédita de Pepe Rey que está realizando man a man con Manolo López Poy.

 

3/34