David Rubín presenta «Cuaderno de tormentas» en Komic Librería

22/03/2018

Komic Librería: Cuaderno de tormentas


O venres 23 de marzo, a partir das 18:00 horas, David Rubín visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares da nova edición do seu cómic Cuaderno de tormentas. Ademais dunha nova ilustración de cuberta, a revisión dos textos cunha rotulación distinta e unha mellora notable da cor, a versión de Astiberri inclúe 21 páxinas extras na que atopamos varias ilustracións que son o xermolo da obra e un relato curto, Los fantasmas del bosque.

 

Luís Davila, de novo en Komic Librería

27/11/2017

O Bichero


O vindeiro xoves 30 de novembro, aproveitando a recente saída do sétimo volume de O Bichero, teremos a honra e o pracer de contar en Komic Librería cun auténtico fenómeno: Luis Davila.

 

Presentación de «La deuda» en Komic Librería

08/11/2017

Komic Librería: La deuda


O venres 10 de novembro, a partir das 18:00 horas, Martín Romero visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu último cómic: La deuda. Esta obra, editada por La Cúpula, é o terceiro traballo longo do autor tras Las fabulosas crónicas del ratón taciturno e a antoloxía de relatos curtos Episodios Lunares.

 

Presentación de «La espada de San Eufrasio #1: la aldea maldita» en Komic Librería

26/10/2017

La espada de San Eufrasio #1: la aldea maldita


O venres 27 de outubro, a partir das 18:00 horas, o debuxante Miguel Fernández visitará Komic Librería para presentar o cómic La espada de San Eufrasio #1: la aldea maldita, editado por Diábolo Ediciones.

 

Presentación de «Licor café» en Komic Librería

22/09/2017

Komic Librería: Licor café


O venres 22 de setembro, a partir das 18:00 horas, presentaremos en Komic Librería o cómic Licor café, unha escolma editada por Demo Editorial que reúne trece relatos procedentes de autoras e autores galegos, seleccionados entre as novas xeracións de historietistas.

 

6/35