José Domingo, David Rubín e Miguelanxo Prado, no 31 Salón Internacional do Cómic de Barcelona

Komic Librería: 31 Salón Internacional del Cómic de Barcelona


Dentro dunhas semanas vaise celebrar o 31 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, a cita anual máis importante a nivel estatal para o mundo da viñeta. Alí estarán autores como os nosos queridos Manu Larcenet, Liniers ou Guy Delisle, ademais de outros grandes da novena arte como Gilbert Shelton ou Ralf König.

Komic Librería: 31 Salón Internacional del Cómic de Barcelona

Haberá así mesmo varias exposicións, entre as que salientamos a adicada ao western na banda deseñada e, sobre todo, a referente a José Domingo e a súa obra Aventuras de un oficinista japonés (Bang). O aragonés, coruñés adoptivo, foi o flamante gañador do premio á mellor obra na edición do ano pasado, galardón merecidísimo e que caeu especialmente ben en Komic Librería.

Komic Librería: Aventuras de un oficinista japonés

Hai uns días coñecéronse as listas de nominados aos premios desta edición, e con ledicia recibimos a nova de que dous dos nosos artistas preferidos, bos coñecidos da librería (de feito tanto un coma outro visitaron recentemente Komic), optan ao premio á mellor obra. Trátase de David Rubín, coa segunda parte de Él Héroe, e de Miguelanxo Prado por Ardalén.

Komic Librería: El Héroe. Libro Dos - Ardalén

Malia ser novelas gráficas ben distintas, gozamos moitísimo coa súa lectura e, dende aquí, queremos transmitirlles a nosa noraboa e desexarlles moita sorte. Por certo, que as dúas obras están xa comentadas na nosa páxina web e, se queredes máis información sobre o 31 Salón Internacional do Cómic de Barcelona, podédela atopar aquí.