Komic Librería acudirá ao salón salón Viñetas desde o Atlántico e á Feira do Libro de A Coruña

Komic Librería Agosto 2013: Viñetas desde o Atlántico, Feira do Libro de A Coruña


O próximo xoves 1 de agosto, Komic Librería pecha as súas portas para, como vén sendo habitual por estas datas, acudir a dúas citas estivais de referencia para todos os komiqueiros: o salón Viñetas desde o Atlántico e a Feira do Libro de A Coruña.


Salón Viñetas desde o Atlántico

Do 1 ao 11 de agosto recibirémosvos na caseta 11 do salón Viñetas desde o Atlántico, un evento ao que Komic Librería sempre acudiu.

Nesta 16ª edición, o salón recibirá a visita, a partir do día 6, de Frank Le Gall, Jan, Enrique Fernández, Max, David Aja, Fausto Isorna, Susanna Martín e Baru.

Os horarios do salón son:

De 12:00 a 14:00 h
De 18:00 a 22:00 h

Máis información aquí.


Feira do Libro de A Coruña

Do 1 ao 11 de agosto tamén poderedes atoparnos na caseta 21 da Feira do Libro de A Coruña, que este ano celebra a súa 42 edición.

Coma sempre, ao final de cada xornada se celebrará o sorteo dun lote de libros entre todos aqueles que realicen unha compra durante ese día.

Os horarios da feira son:

De 11:00 a 14:00 h
De 18:00 a 22:00 h

Máis información aquí.


Lembrade que nos dous eventos poderedes beneficiarvos dun 10% de desconto na compra dos vosos cómics. Ademais, este ano recibiremos a visita de varios autores nas casetas de Komic Librería: manterémosvos informados.

Agardamos a vosa visita.