20 lecturas recomendadas para Viñetas desde o Atlántico e a Feria do Libro de A Coruña

Komic Librería: Lecturas recomendadas


Como se foramos anduriñas, en Komic Librería realizamos encantados, unha vez máis, a nosa migración estival cara as terras do norte, en dirección á Feira do Libro de A Coruña e ao Salón da Bd Viñetas desde o Atlántico, onde ficaremos os vindeiros once días. Pero non chegamos coas mans baleiras, por suposto, senón cargadiños de boas lecturas que agardamos compartir con tod@s vós. Por se non puidestes poñervos ao día coas publicacións máis interesantes dos últimos meses, aquí vos achegamos unha pequena selección do que, para nós, foi o máis salientable que se editou dende o pasado agosto, agardando que vos sexa de utilidade.


Recomendacións para a Feira do Libro de A Coruña


01

Castelao. Máis alá!Castelao. Máis alá!
Inacio / Iván Suárez
Demo Editorial / Komic Librería

Ler reseña >

Terceira entrega da estupenda biografía gráfica de Castelao, desta volta centrada na súa estadía en París no ano 1921 e a súa concepción da arte. Malia estar altamente documentada, a obra posúe un ritmo fluído e asequible, cun debuxo vivo e agarimoso.


02

Komic Librería: El cuentacuentosEl cuentacuentos
Zidrou / Raphaël Beuchot
Norma Editorial

Ler reseña >

Unha historia fascinante sobre ser fiel a un mesmo e aos seus ideais, ademais de un fermoso canto á necesidade humana de contar e escoitar historias.


03

Komic Librería: El mono de HartlepoolEl mono de Hartlepool
Lupano / Moreau
Dibbuks

Ler reseña >

Divertida e redondísima versión dunha coñecida lenda inglesa sobre o tratamento que recibe o único supervivente do naufraxio dun navío francés nas costas de Hartlepool, no tempo das Guerras Napoleónicas. Un debuxo excepcional e un guión moi ben construído.


04

Komic Librería: Casa BábiliCasa Bábili
Dulemi / Rojo / Carbajo
Norma Editorial

Ler reseña >

A realidade da poboación civil iraquí nestes últimos anos, a través da ollada de catro mulleres de mentalidade moderna pero moi comprometidas coa súa herdanza cultural.


05

Aama 2. La multitud invisibleAama 2. La multitud invisible
Frederik Peeters
Astiberri

O suízo, unha das nosas grandes debilidades, continúa a nos abraiar co segundo tomo desta xenial e imaxinativa odisea espacial.



06

A comer y a beberA comer y a beber
Guillaume Long
Sins Entido

Ler reseña >

Toda unha sorpresa, o responsable do blog gastronómico de Le Monde comparte connosco saborosas receitas e interesantes anécdotas, sazonadas todas elas con moito humor.


07

Komic Librería: La Banda de los PostizosLa banda de los postizos
David B. / Tanquerelle
Norma Editorial

Ler reseña >

Baseada en feitos reais, esta bd conta a historia dunha banda de ladróns de bancos que durante máis de cinco anos trouxo en xaque á policia francesa na primeira metade dos oitenta. Unha ollada diferente ao xénero negro.


08

Komic Librería: La armadura del JakolassLa armadura del Jakolass
Manu Larcenet
Norma Editorial

Ler reseña >

O noso benquerido Larcenet revisita un dos personaxes máis míticos da ciencia-ficción europea, Valerian, co seu característico toque humorístico e traxicómico.


09

Érase una vez en Francia, vol 2Érase una vez en Francia, vols. 1 e 2
Nury / Vallée
Norma Editorial

Inspirados nun personaxe real, os autores presentan unha interesantísima historia chea de intrigas ambientada no París da Segunda Guerra Mundial, na que mesturan o xénero negro co bélico.


10

Alan MooreAlan Moore

Si, este é un autor e non un título, pero como este ano foron reeditados tres das súas obras mestras —Watchmen (ECC Ediciones), V de Vendetta (ECC Ediciones) e From Hell (Planeta)—, consideramos necesario incluír nesta lista ao xenio de Northampton.


Recomendacións para o salón Viñetas desde o Atlántico


01

Komic Librería: División AzulDivisión Azul
Fran Jaraba
De Ponent

Ler reseña >

Relato de corte clásico, moi documentado e moi ben ambientado na 2ª Guerra Mundial, na que o protagonista, un compostelán chamado Santiago, entra dentro dunha fundamental operación de espionaxe.


02

RamiroRamiro, vols. 1 e 2
W. Vance
Ponent Mon

Ler reseña >

Unha das obras inéditas que o autor belga, debuxante da serie XIII, tiña no mercado editorial español. Unha historia clásica de aventuras protagonizada por un cabaleiro castelán do século XII.


03

Komic Librería: La Hermandad de Historietistas del Gran NorteLa Hermandad de Historietistas del Gran Norte
Seth
Sins Entido

Ler reseña >

Tras o marabilloso Wimbledon Green, Seth continúa a nos describir, con pelos e sinais, o particular universo creado por el onde a banda deseñada ten unha importancia maiúscula. Respírase amor á viñeta dende a primeira páxina.


04

Guía del mal padreGuía del mal padre
Guy Delisle
Astiberri

Delisle aparca as súas clásicas crónicas (Pyonyang, Crónicas de Jerusalén) para achegarnos esta obra chea de moito humor (por momentos negrísimo) na que se autorretrata coma unha figura paterna lixeiramente descoidada...


05

Komic Librería: Los años SputnikLos años Sputnik
Baru
Astiberri

Ler reseña >

Un dos pioneiros da bd social en Francia, e convidado estelar desta edición de Viñetas desde o Atlántico, plantexa un interesante retrato da vida nunha colonia industrial na Francia de finais dos cincuenta. A medio camiño entre o realismo obreiro e as lembranzas da infancia, este título é, sen dúbida, unha das lecturas obrigadas deste 2013.


06

PudrideroPudridero
Johnny Ryan
Fulgencio Pimentel / Entrecomics

Neste cumio da bd underground dos últimos tempos, Johnny Ryan convídanos a presenzar unha loita continua nun mundo infernal, non apta para todos os públicos, pero chea de escatoloxía e xenialidade.


07

Creepy presenta Richard CorbenCreepy presenta Richard Corben
Richard Corben
Planeta

Unha grande oportunidade para revisar a este fascinante autor nunha escolma que compila todas as historias de terror que publicou na mítica revista Creepy.



08

Komic Librería: ArdalénArdalén
Miguelanxo Prado
Norma (Castellano)

El Patito (Galego)

Ler reseña >

Miguelanxo volta tras varios anos de ausencia con este lírica e cativadora reflexión sobre os mecanismos da memoria, brillantemente ilustrada.



09

Darth Vader e hijoDarth Vader e hijo
Jeffrey Brown
Planeta

Outra divertidísima historia paternal, neste caso descubrimos unha faceta descoñecida na vida dun dos malos máis malos da historia do cine: a de pai. Que a forza e o riso vos acompañen.


10

Komic Librería: El Héroe. Libro DosEl Héroe. Libro dos
David Rubín
Astiberri

Ler reseña >

 Conclusión da espectacular visión que o autor ourensán ofrece dos doce traballos de Heracles. Unha auténtica marabilla, tanto narrativa como graficamente. A confirmación definitiva dun dos autores imprescindibles no panorama actual.