David Rubín presenta Las Tripas del Héroe. Libro 1 en Komic Librería

Komic Librería: Las Tripas del Héroe. Libro 1


O venres 28 de febreiro, ás 19:00 horas, David Rubín visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Las Tripas del Héroe. Libro 1, editado por Ninth Ediciones. A presentación terá lugar o mesmo día da súa saída á venda, polo que aqueles que nos visiten serán os primeiros afortunados en levarse a obra dedicada polo seu autor.

Komic Librería: Las Tripas del Héroe. Libro 1Las Tripas del Héroe. Libro 1 é a primeira entrega dunha edición integral da arte a lapis de El Héroe (Astiberri), o aclamado cómic co que David Rubín adaptou as aventuras de Heracles.

Komic Librería: Las Tripas del Héroe. Libro 1

Este tomo recompila todas as páxinas a lapis de El Héroe. Libro uno, conservando a rotulación manual do autor, polo que o cómic se pode ler con normalidade. Non obstante, a obra vai máis alá do artbook, pois permite achegarse ao traballo de Rubín na súa etapa inicial, descubrindo diálogos e outros aspectos que varían con respecto á edición final.

Komic Librería: Las Tripas del Héroe. Libro 1

Las Tripas del Héroe. Libro 1 preséntase nunha edición de luxo, ao tamaño orixinal das páxinas de David Rubín (21 x 29 cm), e impreso nun papel que realza os trazos. En definitiva: trátase da experiencia máis próxima a ter un orixinal do autor nas mans.

Komic Librería: Las Tripas del Héroe. Libro uno

Xa o sabedes: contamos coa vosa presenza!