Andrés Meixide presenta Thom en Komic Librería

Komic Librería: Thom


O venres 28 de marzo, ás 18:00 horas, Andrés Meixide visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares de Thom, o recompilatorio da famosa tira gráfica editado por Reino de Cordelia.

Komic Librería: Thom

Ademais, tamén contaremos coa presenza de Jesús Egido, editor de Reino de Cordelia, e Miguel Ángel Martín, amigo e colaborador da editorial, e unha das figuras máis importantes do cómic español dos últimos 25 anos.

Komic Librería: Thom

Esta é a primeira vez que Thom se presenta en formato libro, e non podía telo feito de mellor xeito: case 600 tiras luxosamente encadernadas en tapa dura con sobrecuberta, e a un prezo moi asequible.

Komic Librería: Thom

Podedes atopar máis información sobre a obra nesta reseña que lle dedicamos hai uns días.

Esperámosvos!