Top 10 de Komic Librería: Día Internacional do Libro Infantil 2014

Top 10 de Komic Librería


Un dos maiores praceres que temos como libreiros é ser espectadores e guías das primeiras lecturas de moit@s nenos e nenas, un momento que só pode ser definido como máxico e agradecido, por todo o que conleva. Dende o ano 1967, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, celebramos cada 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil. Dende Komic Librería queremos achegar o noso particular gran de area a esta data, propoñéndovos un Top 10 no que recomendamos un título para cada idade, dende os catro ata os trece anos. Felices lecturas!


PARA 4 ANOS

Federico, tenis sobre hielo
Maxi Luchini
Bang Ediciones

Federico, tenis sobre hielo

Federico é unha cría de foca que vai compartir connosco un día cheo de xogos e risas no Polo Norte nesta obra perfecta como primeira lectura, xa que é un cómic sen texto e con tan só catro viñetas por páxina. Unha auténtica marabilla para iniciarse na banda deseñada.


PARA 5 ANOS

Luís vai á praia
Guy Delisle
Factoría K de Libros

Luís vai á praiaComa no caso anterior atopámonos ante unha bd sen texto, pero moito máis complexa, xa que hai unhas vinte viñetas por páxina, e na que Delisle, autor de obras para adultos da calidade de Pyongyang ou Crónicas de Jerusalén, mostra o seu dominio da arte secuencial ao contarnos un día na praia xunto ao seu fillo Luís. Fantasía e costumismo se mesturan nesta divertida e pequena obra mestra da que vos falamos máis a fondo aquí.


PARA 6 ANOS

Astro-Ratón y Bombillita
Fermín Solís
Bang Ediciones

Astro-Ratón y BombillitaSen dúbida unha das obras máis axeitadas para introducir aos cativ@s no mundo da viñeta. As andanzas dun roedor cosmonauta e a súa lumínica compañeira de aventuras polo espazo sideral. Texto grande e claro, moi divertido, acompañado dun debuxo moi vivo que fai as delicias d@s máis pequen@s. Podedes ler la crítica que o noso especialista Pedro Barreiro fixo do segundo tomo destas aventuras.


PARA 7 ANOS

Marcopola, a illa remeira
Jacobo Fernández Serrano
Editorial Xerais

Marcopola, a illa remeiraMarcopola é unha illa pequerrecha que se aburre no medio do océano, ata que un bo día chega á súa costa un remo, que empregará para saír do seu leito e viaxar polos mares facendo amigos e vivindo moitas aventuras emocionantes, das que xa vos falamos aquí e aquí.


PARA 8 ANOS

Yakari
Job / Derib
Norma Editorial

Yakari

Yakari é un neno indio americano que un bo día fai unha sorprendente descoberta: posúe a capacidade de falar cos animais, e vai empregar esta marabillosa habilidade en axudar a todos aqueles que o necesiten. Este clásico francés da bd infantil está a ter un éxito tremendo entre @s komiqueir@s máis nov@s.


PARA 9 ANOS

Marieta, los recuerdos de Naneta
Nob
Dibbuks

Marieta, los recuerdos de Naneta 2

Ata o momento hai editados dous tomos desta serie, unha deliciosa lectura na que unha entrañable velliña lembra a súa nenez, que pasou xunto aos seus avós e a súa tía no campo. Tedes máis información neste enlace.


PARA 10 ANOS

Brujeando
Teresa Valero / Juanjo Guarnido
Norma Editorial

Brujeando

Unha pequena fada chamada Hazel chega ao mundo das bruxas creando un conflito entre os distintos mundos máxicos nesta divertidísima serie. Os tres volumes publicados ata o de agora están cheos de feitizos, conxuros e risas, moitas risas.


PARA 11 ANOS

Bone
Jeff Smith
Astiberri

Bone

Acción, intriga e moito humor neste relato de aventura e fantasía. Nos nove tomos que conforman a serie atopamos referencias claras á obra de Tolkien, mesturadas cun estilo actual, dinámico e divertido que atrapa a lectores e lectoras de todas as idades dende a primeira páxina.


PARA 12 ANOS

La memoria del agua
Mathieu Reynès / Valérie Vernay
Norma Editorial

La memoria del agua

Unha das grandes sorpresas destos últimos meses, unha historia de misterios e lendas ambientada nunha vila da costa, onde acaba de chegar a pequena Marion, que descubrirá o pasado da súa familia e a existencia dunha tráxica maldición que afecta á xente do mar. Atoparedes máis información neste artículo.


PARA 13 ANOS

Una asombrosa aventura de Jules
Émile Bravo
Ponent Mon

Una asombrosa aventura de Jules

Estupenda serie de aventuras protagonizada por un adolescente moi especial, impecablemente debuxada e narrada cun aquel didáctico e científico mesturado con moito humor e acción. Hai dous tomos integrais que conteñen tres álbumes cada un, e podedes ver o noso comentario das aventuras de Jules aquí.