Los Bravú presentan Toreromaus e Terry en Komic Librería

O venres 27 de xuño, ás 18:00 horas, Los Bravú (Dea e Diego) visitarán Komic Librería para presentar e asinar exemplares dos seus últimos traballos, Toreromaus e Terry, editados por Fulgencio Pimentel.

Toreromaus é o segundo álbum desta parella creativa, que aparece tras Introducción, nudo y desenlace (2013), e ao volume recompilatorio Terry aportan unha das historias máis extensas, «Porto Louro». Tendes máis información sobre ambos traballos neste artigo publicado na nosa web.

Non perdades esta oportunidade de coñecer a dous verdadeiros expoñentes da nosa vangarda comiqueira: ¡esperámosvos!

