Top 10 Especial Día do Libro 2015 (II): Biografías de autores e autoras

Top 10 de Komic Librería


Chegou o día, e chegou a romaría: hoxe é o Día do Libro e, tras as nosas recomendacións de obras literarias adaptadas á novena arte de onte, toca TOP 10 de biografías de escritores e escritoras, títulos moi recomendables e que nesta xornada, ao igual que o resto de cómics e libros, atoparedes cun 10% de desconto en Komic Librería.


10

Top 10 de Komic LibreríaPasolini
David Toffolo
451 Editores

O cineasta e intelectual italiano Pier Paolo Pasolini, unha das voces máis interesantes da cultura europea da segunda metade do século XX, sempre se considerou a si mesmo escritor. A súa vida e as súas opinións aparecen perfectamente reflectidas nesta obra, a camiño entre o diario e a reportaxe.


09

La voz que no cesaLa voz que no cesa
Pereira / Boldú
EDT

A vida, durísima vida, do grandísimo poeta de Orihuela, Miguel Hernández, pasada á viñeta con precisión e moita documentación neste álbum, onde o propio protagonista repasa dende a cadea a súa traxectoria vital.


08

AgathaAgatha
Martinetti / Lebeau / Franc
Evolution Comics

O trío de autores exploran a vida da máis famosa escritora de novela policíaca de todos os tempos, Agatha Christie, con profundidade e un debuxo agradable e elegante, de doada e interesante lectura.


07

La vida soñada del capitán SalgariLa vida soñada del capitán Salgari
Paolo Bacilieri
Norma Editorial

Cun estilo amable e fluído este historietista italiano fálanos do seu compatriota Emilio Salgari, un dos nomes máis salientables da novela de aventuras e creador das obras protagonizadas por Sandokán, viaxes exóticas que escribía para fuxir dos pesares da súa vida real.


06

KongoKongo: el tenebroso viaje de Józef Teodor Konrad Korzeniowski
Tirabosco / Perrissin
Dibbuks

Moit@s teredes lido a esencial novela de Joseph Conrad da que, por certo, onte comentamos a súa adaptación á banda deseñada. Pois ben, O corazón das tebras está directamente baseado na propia experiencia do seu autor, que foi contratado en 1890 por unha empresa belga para exercer como capitán de barco no Congo, unha estadía de seis meses na que, ademais de contraer varias doenzas, quedou totalmente horrorizado pola brutalidade europea en África e que é a que se nos conta neste álbum de fermoso debuxo.


05

Los últimos días de Stefan ZweigLos últimos días de Stefan Zweig
Seksik / Sorel
Norma Editorial

O escritor austríaco foi un dos primeiros en protestar contra o rexime nazi e pasou os seus derradeiros días exiliado en Brasil. Precisamente esta última etapa da súa vida é a que aquí nos contan os autores, a historia dun home fuxindo dos seus demos narrada cun preciosismo gráfico enorme.


04

El caso MaiakovskiEl caso Maiakovski
Laura Pérez Vernetti
Luces de Gálibo

Se xa nos encantara o achegamento biográfico que esta autora fixera de Fernando Pessoa, con esta visión do poeta, ilustrador e dramaturgo Vladímir Maiakovski sorprendeunos e marabillounos. Primeiro, porque este iniciador do futurismo soviético non é precisamente un autor de masas, e segundo, porque o particular estilo desta historietista encaixa de xeito perfecto coa personalidade complexa deste xeorxiano xenial.


03

Thoreau, la vida sublimeThoreau, la vida sublime
Dan / Le Roy
Impedimenta

Outro exemplo de literato cunha obra e cun percorrido vital igualmente abraiantes. Neste caso falamos do filósofo e pensador estadounidense Henry David Thoreau, intelectual fundamental no pensamento moderno e pai da desobediencia civil.


02

Piscina MolitorPiscina Molitor
Cailleaux / Bourhis
Impedimenta

O escritor e músico francés Boris Vian, autor dunha obra interesantísima, tivo tamén unha vida máis que rechamante, que neste título se nos relata co eixo argumental da piscina onde realizaba a cotío sesións de natación para loitar contra o reumatismo cardíaco que sufriu dende neno. Xa vos falamos dela aquí.


01

Atila
Inácio / Iván Suárez
Demo Editorial / Komic Librería

Castelao. Atila

Vale, aínda non saíu do prelo, pero en moi pouquiño tempo teremos nas mans o agardadísimo cuarto volume da biografía gráfica de Castelao. Nesta ocasión atopamos ao ilustre rianxeiro en Barcelona en plena Guerra Civil, protexéndose dos bombardeos nun refuxio, ocasión que aproveitará para lembrar a súa nenez en Arxentina.