Víctor Boullón presenta «Aleida, cidade sen alma» en Komic Librería

Komic Librería: Aleida, cidade sen alma


O venres 2 de decembro, ás 18:00 horas, Víctor Boullón visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares do seu cómic Aleida, cidade sen alma. Á presentación tamén acudirá Manel Cráneo, de Demo Editorial, e ao final do evento sortearase un orixinal da obra entre todos os compradores.

Komic Librería: Aleida, cidade sen alma

Aleida, cidade sen alma, coeditado por Demo Editorial e Komic Librería, supón a primeira incursión de Víctor Boullón como autor no mundo editorial, e foi prologado polo arqueólogo Antón Malde: tedes máis información sobre o cómic neste enlace.

Esperámosvos!