Presentación de «A Alquitara», de Troubs, en Komic Librería
O xoves 1 de xuño, a partir das 18:30 horas, presentaremos en Komic Librería o cómic A Alquitara, un traballo do francés Troubs publicado en galego pola editorial coruñesa Figurandorecuerdo(s). Contaremos coa presenza de Rosa Espiñeira Pan (editora e tradutora) e de Séchu Sende (mestre e escritor), que profundarán nesta interesante obra.
Tedes máis información sobre o cómic neste enlace: esperámosvos!