Presentación de «Licor café» en Komic Librería

Komic Librería: Licor café


O venres 22 de setembro, a partir das 18:00 horas, presentaremos en Komic Librería o cómic Licor café, unha escolma editada por Demo Editorial que reúne trece relatos procedentes de autoras e autores galegos, seleccionados entre as novas xeracións de historietistas.

Komic Librería: Licor café

Na presentación contaremos coa presenza de varios dos seus autores, entre eles Xulia Pisón, coordinadora editorial do volume, ademais do seu editor, Manel Cráneo. Tedes máis información sobre o cómic neste enlace: esperámosvos!