Luís Davila, de novo en Komic Librería

O Bichero


O vindeiro xoves 30 de novembro, aproveitando a recente saída do sétimo volume de O Bichero, teremos a honra e o pracer de contar en Komic Librería cun auténtico fenómeno: Luis Davila.

O humor e a fina retranca coa cal retrata a actualidade e a idiosincrasia galega fan deste autor un cronista fundamental do noso día a día. As súas viñetas, publicadas dende hai anos a diario no xornal Faro de Vigo, van sendo recollidas por el mesmo en tomos compilatorios que estará encantado de asinar e adicar a aqueles e aquelas que vos acheguedes ata a nosa librería. Lembrade: agardámosvos este xoves 30 de novembro a partires das 18:00 horas!

O Bichero