David Rubín presenta «Cuaderno de tormentas» en Komic Librería

Komic Librería: Cuaderno de tormentas


O venres 23 de marzo, a partir das 18:00 horas, David Rubín visitará Komic Librería para presentar e asinar exemplares da nova edición do seu cómic Cuaderno de tormentas. Ademais dunha nova ilustración de cuberta, a revisión dos textos cunha rotulación distinta e unha mellora notable da cor, a versión de Astiberri inclúe 21 páxinas extras na que atopamos varias ilustracións que son o xermolo da obra e un relato curto, Los fantasmas del bosque.

Komic Librería: Cuaderno de tormentas

Tedes máis información sobre o cómic neste enlace: esperámosvos!