Presentación da obra Titoán no salón Viñetas desde o Atlántico
O venres 10 de agosto de 2012, ás 12:30 horas, presentarase no salón Viñetas desde o Atlántico a obra "Titoán", nova entrega do gran proxecto que os autores de "O pobre tolo", Inacio e Iván Suárez, consagraron á vida de Castelao.
A pesar da súa publicación posterior a "O pobre tolo"", "Titoán" céntrase nunha etapa cronoloxicamente anterior da vida do autor rianxeiro: a transición da xuventude á madurez, unha vez finalizados os seus estudos de medicina, e a partir da súa relación con Titoán, un veciño de Rianxo.
"Titoán" foi a obra gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, e na súa presentación participarán, ademais dos dous autores, Manel Cráneo, de Demo Editorial, e Xosé Barreiro, de Komic Librería.
Máis información sobre a obra aquí.
Castelao. Titoán
Inacio e Iván Suárez
Demo / Deputación da Coruña
Tomos: 1