Astro-Ratón y Bombillita 2: Pollo a la vista, de Fermín Solis
Hai xa uns días que chegou a Komic Librería un dos títulos máis agardados polos máis cativos: o segundo tomo de Astro-Ratón y Bombillita, e aquí vos deixamos a crítica feita por Pedro Barreiro, de 8 anos, o noso especialista en xénero infantil.
Somos moitos, centos, os que limos o primeiro tomo das historias de Astro-Ratón, Bombillita e Caca, os nosos simpáticos amigos. Adéntranse agora nunha nova aventura, e o primeiro no que me fixei é que o debuxo é distinto.
Os tres viaxan na súa nave espacial e, de súpeto... ¡as alarmas comezan a pitar! ¡hai algo atrancado no tubo de escape! ¡Ah! É unha bola verde e brandiña da que sae un novo personaxe, que non vou a mencionar, e con isto empeza todo o follón.
Pero para descubrir todo necesitaredes ler Astro-Ratón y Bombillita 2.
Astro-Ratón y Bombillita #2:
Pollo a la vista
Fermín Solis
Bang
Tomos: 1