Los pasajeros del viento, de Bourgeon: un cumio do xénero de aventuras, en formato integral

Komic Librería: Los pasajeros del viento (Integral)


A edición integral do cómic Los pasajeros del viento será unha das indiscutibles recomendacións de Nadal de Komic Librería, tanto para aqueles que non o leron coma para aqueles que aínda non o teñen nos andeis da súa biblioteca.

Komic Librería: Los pasajeros del viento (Integral)

Los pasajeros del viento é, sen lugar a dúbidas, unha obra cumio do xénero de aventuras, co valor engadido do enfoque histórico, absolutamente riguroso, co que François Bourgeon narra a extraordinaria historia de Isa, publicada orixinalmente en cinco álbumes.

Komic Librería: Los pasajeros del viento (Integral)

A acción sitúase ao redor de 1780 e arranca a bordo dunha xigantesca nave da armada francesa que navega en augas do mar Caribe. Dos case oitocentos homes que forman a tripulación, só uns poucos saben que nun camarote de popa viaxan tamén dúas mulleres ás que un caprichoso pasado trouxo ata aquí.

Komic Librería: Los pasajeros del viento (Integral)

Durante moitos meses, e moitas millas, acompañaremos a Isa nunha viaxe triangular. Tras un breve capítulo ambientado en Inglaterra, a nosa protagonista e os seus acompañantes regresan a Francia coa intención de embarcarse outra vez cara o novo continente. Descoñecen, porén, que o bergantín no que se aventuran a partir dese intre é un barco negreiro, e o seu rumbo é en dirección á costa africana.

Komic Librería: Los pasajeros del viento (Integral)

As distintas ambientacións nas que transcorren os episodios están exquisitamente debuxadas, e son un marco perfecto para desvelarnos o afouto carácter da nosa protagonista. Intres de extremada crueza sucédense en calquera destos lugares. Os detalles no debuxo dos barcos non poderían ser máis precisos, tanto que nin o maior experto na materia atoparía erros: nada sobra nin nada falla.

Komic Librería: Los pasajeros del viento (Integral)

No ano 2009 apareceu no noso país unha secuela en dous tomos, Los pasajeros del viento: La Niña Bois-Caïman, ambientada oitenta anos máis tarde. Teremos ocasión aínda de volver ver a Isa, case centenaria, que nos contará pasaxes transcendentais da súa apaixonante vida.

Komic Librería: Los pasajeros del viento. La Niña Bois-Caïman

Malia que as técnicas actuais, tanto no debuxo coma na cor, resultan menos orgánicas, lida tras a serie orixinal, Los pasajeros del viento: La Niña Bois-Caïman consegue volver a enganchar ao lector, porque si que tiña algo máis que nos contar François Bourgeon, este mestre de mestres que creou escola e mostrou o camiño ás vindeiras xeracións.


Komic Librería: Los pasajeros del viento (Integral)Los pasajeros del viento (Integral)
François Bourgeon

Norma
Tomos: 1





Komic Librería: La Niña Bois-Caïman. Libro 1Los pasajeros del viento: La Niña Bois-Caïman. Libro 1
François Bourgeon

Norma
Tomos: 1




Komic Librería: La Niña Bois-Caïman. Libro 2Los pasajeros del viento: La Niña Bois-Caïman. Libro 2
François Bourgeon

Norma
Tomos: 1