Sherman, de Griffo e Desberg: o prezo dos soños

Komic Librería: Sherman


Situarnos en décadas pasadas, ademais de ser un bo exercicio de memoria, axúdanos a comprender mellor moitos dos problemas que sofre o noso mundo hoxe en día e, sobre todo, a non caer no tópico de que calquera tempo pasado foi mellor. Sherman, de Griffo e Desberg, é un gran cómic aínda inconcluso, mais os dous tomos publicados ata o de agora non só deixan ganas de máis, senón que por si mesmos conforman xa unha historia apaixonante.

Komic Librería: Sherman

Desberg, guionista dos cómics El Escorpión o I.R.S., volve triunfar coas súas grandes dotes para enganchar ao lector en Sherman, non só a través do intre presente do protagonista, senón tamén cun relato pasado, presentado de xeito paralelo á historia actual, que nos fará comprender o porqué de toda esta intriga.

Komic Librería: Sherman

Griffo acompaña o detallado guión de Desberg cunha gran minuciosidade á hora de reflectir os distintos momentos, épocas e lugares polos que transcorre Sherman, cun especial coidado respecto a vestiarios e arquitecturas, ademais de outorgar a cada personaxe un protagonismo propio.

Komic Librería: Sherman

O xénero negro, moi atractivo xa por el mesmo, aparece en Sherman netamente americano e centrado nunha época e un lugar moi concretos: a Nova York de finais dos anos 40. A corrupción, os gánsters, os banqueiros e os políticos dominaban todo, e nesta historia todos estes elementos converxen nunha fina tea de araña.

Komic Librería: Sherman

Os soños de grandeza dun rapaz que vive nas rúas conducirano, xunto á súa familia, ao máis alto status, pero todo ten o seu prezo. ¿Estará disposto a pagalo?

Adentrádevos nesta aventura chea de acción, será unha viaxe apaixonante.


Komic Librería: Sherman 1Sherman 1
La promesa. Nueva York

Griffo / Desberg

Norma
Tomos: 1




Komic Librería: Sherman 2Sherman 2
La pasión. Lana / La trampa. Bayreuth

Griffo / Desberg

Norma
Tomos: 1