Luís vai á praia, de Guy Delisle: para nenos de cinco a noventa e cinco

Komic Librería: Luís vai á praia


Descubrimos a Guy Delisle a través de cómics como Pyongyang o Shenzhen nos que documentaba as súas estadías nestas cidades ás que viaxou por mor do seu traballo no mundo da animación.

Anos despois empregaría os mesmos recursos narrativos para realizar Crónicas birmanas e Crónicas de Jerusalén, cómics nos que contou o seu día a día neses lugares, durante períodos de tempo máis prologandos nos que acompañaba á súa muller (traballadora de Médicos Sen Fronteiras), desprazada por motivos profesionais.

Komic Librería: Cómics de Guy DelisleEstes catro cómics foron aclamadas polo público e pola crítica, e fixeron que moitos consideraran xa a Delisle un dos grandes do medio.

Komic Librería: Luís vai á praia

Como consecuencia do seu traballo previo na industria da animación e da súa experiencia como debuxante, desenvolveu un estilo propio, conciso e de secuenciación perfecta. Isto é apreciable en calquera das páxinas (por exemplo, a primeira, aquí reproducida) de Luís vai á praia.

Komic Librería: Luís vai á praia E é que este señor debeu de pensar nalgún intre que contarnos aos lectores de todo o mundo o que ven os ollos e o que pasa pola cabeza dun neno de cinco anos nun sinxelo día de praia podería ser revelador, curioso e moi, moi divertido.

Komic Librería: Luís vai á praiaO canadiano, unha persoa cun senso da observación moi desenvolvido, debeuse sentir quen de meterse na cabeciña do seu fillo e, de paso, meternos a tod@s os que miremos con atención estas corenta e pico páxinas. Non son necesarias máis, e ademais son as xustas para que calquera neno poida gozar con elas, dende os cinco anos, que é a idade inicial que recomendamos.

Komic Librería: Luís vai á praiaDo mesmo xeito non botamos en falla os textos nin os bocadillos, a mestría do autor fai posible que a fluidez narrativa sexa axeitada mesmo para nenos que aínda non saiban ler. Os adultos poderemos arañar na capa máis superficial e descubrir sutilezas, á vez que inevitablemente sorriremos ou soltaremos algunha que outra gargallada.

Komic Librería: Luís vai á praia

Algúns dos momentos máis inspirados de Luís vai á praia son as interesantísimas secuencias nas que deixamos de ver a realidade para que se represente o que Luís imaxina, son intres de apuro para el que se resolven coa axuda do seu inseparable burriño de peluche. Un recurso moi orixinal que o autor vai abrindo e pechando con certas chaves ás que teremos que atender se non queremos perder nada do que contén esta pequena marabilla que non deixaremos nunca de recomendar.


Komic Librería: Luís vai á praiaLuís vai á praia
Guy Delisle

Factoría K
Tomos: 1