Petrogrado, de Philip Gelatt e Tyler Crook: un complot que cambiou o mundo

Komic Librería: Petrogrado


A antiga cidade de San Petersburgo, posteriormente coñecida coma Leningrado, tivo entre estes dous outro nome polo que foi coñecida e onde se sitúa a acción desta novela gráfica: Petrogrado.

Trasladámonos á 1ª Guerra Mundial e ao intre preciso non que Grigori Rasputín, o monxe tolo, campaba ás súas anchas pola vila dos tsares. Conselleiro dos Romanov era, dende logo, o home da tsarina, con quen formaba un poderoso equipo traballando ás costas do tsar.

Komic Librería: Petrogrado

Este relato histórico está cheo de forza, polo que nos conta e, en gran medida, polo debuxo de Tyler Crook. En cada viñeta descubrimos a un creador xenial cheo de poder e sutileza, á vez que nos lembra moitísimo a Eisner.

Komic Librería: Petrogrado

Non podemos esquecer ao guionista, Phillip Gelatt, que se documentou a consciencia para desvelarnos segredos moi ben gardados que coñecemos grazas ao protagonista, Cleary, un espía británico que non consegue atopar o seu lugar na cidade nin entender a mentalidade rusa. A alma rusa é metade aritócrata e metade labrega, a clase media é unha idea estranxeira.

Komic Librería: Petrogrado

Cleary é un home moi valioso para o SIS (Servizo de Intelixencia Segredo), sobre todo pola súa versatilidade, xa que alterna tanto coa aristocracia como cos extremistas radicais. Pero todo se vai complicar cando lle piden que asasine a Rasputín, na que será unha peza clave para expulsar aos tsares e coa que se abre a revolución rusa.

Komic Librería: Petrogrado

Ao final logra acabar con el, pero todos os que dalgún xeito o axudaron ou apoiaron vanlle dar as costas, o que lle fai tomar unha decisión clave para o seu futuro. É a fin da vella Rusia e quizais o comezo dunha nova vida para Cleary.


Komic Librería: PetrogradoPetrogrado
Philip Gelatt / Tyler Crook

Norma
Tomos: 1