Superman: Identidad secreta, de Busiek e Immonen: o home de aceiro como nunca o coñeceras

Komic Librería: Superman - Identidad secreta


Malia non ser unha novidade (comezouse a publicar en 2004 nos Estados Unidos para chegar o ano seguinte ás nosas librerías, editada daquela por Planeta) consideramos oportuno falaros da reedición que ECC fai de Superman: Identidad Secreta. Para @s komiqueir@s habituais isto pode ser unha sorpresa, xa que non é adoitamos tratar moito o xénero superheroico nesta páxina, pero esta é unha excepción que paga, e moito, a pena

Komic Librería: Superman - Identidad secreta

Debo recoñecer que ata hai uns anos non lera ningunha aventura de Superman que me emocionara realmente, resultábame (como a moit@s outr@s lectores e lectoras dos tebeos de superheroes) un personaxe plano e mesmo aburrido, sen os interesantes matices que podía percibir en, sen ir máis lonxe, Batman, o outro grande emblema de DC Comics. Pero hai pouco máis dun lustro, sen moita diferenza entre elas, apareceron dúas obras que aportaban unhas visións anovadas, diferentes e orixinais do clásico personaxe, ao tempo que semellaban complementarse: por unha banda o título que hoxe comentamos, e pola outra o espectacular Superman All-Star, onde Grant Morrison e Frank Quitely narraban as derradeiras semanas do kriptoniano, empregando para isto todo un arsenal de fantasía e imaxinación, xusto nas antípodas de Superman: Identidad secreta.

Komic Librería: Superman - Identidad secreta

E é que unha das características principais desta historia é o seu realismo, afastado do que é habitual dentro do xénero e co que o seu guionista, Kurt Busiek, retoma o concepto do heroe clásico, alguén bendecido con poderes especiais pero cos medos e dúbidas dunha persoa normal, como xa fixera en títulos tan salientables como Marvels ou Astro City.

Komic Librería: Superman - Identidad secreta

O punto de partida de Superman: Identidad secreta está plantexado con enxeño: un adolescente de Kansas chamado Clark Kent... pero neste mundo, no noso, onde non existen persoas con superpoderes loitando contra o crime ou contra ameazas galácticas, e o noso protagonista é, daquela, simplemente un rapaz solitario cuns país dotados dun estraño sentido do humor ("¿Apelídome Kent e son un granxeiro de Kansas? Pois o meu fillo chamarase Clark...") que provocará burlas e mofas cara o seu fillo por compartir o nome do home de aceiro. Ata que un día fai unha sorprendente descuberta: si que posúe os poderes de Superman, a súa forza, os seus supersentidos, a súa capacidade de voar...

Komic Librería: Superman - Identidad secreta

Superada a incredulidade inicial, Clark está cheo de preguntas e dúbidas, e irá comprendendo mellor a súa situación a medida que madura como persoa, proceso este que Kurt Busiek mostra con máis costumismo e realismo que acción, focalizando a tarefa do narrador no protagonista. E isto, seguir a historia a través do propio diario de Superman, achéganos máis ao personaxe e constitúe un dos grandes acertos desta miniserie reunida non só tomo. Este aquel costumista está perfectamente respaldado polo detallista e excelente debuxo do canadense Stuart Immonen, que aporta verosemenllanza e credibilidade á narración.

Komic Librería: Superman - Identidad secreta

Superman: Identidad secreta está dividido en catro partes, tituladas irónicamente Smallvillle, Metrópolis, Fortaleza e El mañana, e é unha historia que recomendamos a todos aqueles que gocedes cunha boa historia ben contada, especialmente aos que non vos achegades normalmente polo xénero dos superheroes. Non agardedes xiros argumentais manidos,nin cidades imaxinarias, nin a Lex Luthor, nin inimigos doutras dimensións. Esta é unha historia que xoga coa realidade e a ficción, que colle un personaxe icónico para outorgarlle outra dimensión ao tempo que o trata con agarimo e respecto. E iso é de agradecer.


Komic Librería: Superman - Identidad secretaSuperman: Identidad secreta
Kurt Busiek / Stuart Immonen

ECC
Tomos: 1