La memoria del agua, de Mathieu Reynès e Valérie Vernay: Misterio e aventuras con arrecendo a mar
Hipnótica e suxestiva é a portada de La memoria del agua (Norma Editorial), unha obra completa destinada cara o público xuvenil, pero coa que os adultos tamén gozarán percibindo aspectos aos que os novos non prestarán moita atención.
O tándem de autores, Mathieu Reynès e Valérie Vernay, ata a data inédito no noso país, recorre a localizacións que nos resultan familiares aos seguidores da bd franco-belga: unha vila mariñeira, un faro e unha casa solitaria nun cantil. A orixinalidade do debuxo e da cor acadan, porén, que estos ambientes semellen frescos e anovadores.
A protagonista é una preadolescente afouta e independente, que chega á vila xunto á súa nai na procura dunha nova e apacible vida. O pasado familiar irase revelando a través dalgúns personaxes secundarios construídos con minuciosa credibilidade, e irá cobrando tanta importancia como acción que se desenvolve no presente.
Intriga e misterio se dosifican intercalando escenas relaxadas con outras dun ritmo maior. Detalle de costumismo e realismo perfilarán unha historia na que as lendas locais rematarán por afectar directamente á nosa pequena protagonista, que, lonxe de sucumbir aos perigos reais, demostrará valor e determinación ata o final.
La memoria del agua
Mathieu Reynès / Valérie Vernay
Norma
Tomos: 1