De padres e hijos, de Jeffrey Brown: unha xenerosa reflexión sobre a paternidade e a fe

Komic Librería: De padres e hijos


Jeffrey Brown agasállanos con toda a xenerosidade do mundo este De padres e hijos, unha obra moi persoal na que conta gran parte da súa infancia e das súas relacións familiares, o que o convertíu no que é hoxe en día: un debuxante de cómics xenial, que transmite o que conta con moitísima profundidade e que, ao mesmo tempo, é divertido, sempre consegue sacarnos algún sorriso.

Komic Librería: De padres e hijosEn De padres e hijos fai unha reflexión sobre a fe, esa fe imposta polo seu pai, que era pastor, e que a medida que Jeffrey ía medrando provocaba nel un cento de dúbidas: as lecturas bíblicas coas súas moitas contradicións, os rituais eclesiásticos e as reunións da mocidade cristiá afectaron á súa fe e, sobre todo, a descoberta do lado escuro que todos levamos dentro e que a el en particular lle fixo dubidar de si mesmo.

Komic Librería: De padres e hijos

Pero despois de superar moitas destas dúbidas e de convertirse en pai, coido que todas esas ensinanzas que recibíu de cativo lle axudaron en certas ocasións (sobre todo nas máis difíciles e complicadas) a afrontar as dificultades e a dar, especialmente á súa familia e ao seu fillo, todo o agarimo do mundo coa paciencia e a xenerosidade que só un pai sabe ter.


Komic Librería: De padres e hijosDe padres e hijos
Jeffrey Brown

La Cúpula
Tomos: 1