Super Pótamo: Un superheroe peculiar

Komic Librería: Super Pótamo


Hai unhas semanas o xornalista Diego G. Natal publicaba na páxina web numerocero.es un interesante artigo sobre a literatura infantil, no que repasaba a actualidade do medio falando con algunhas das editoriais independentes de obras para cativ@s máis destacadas a nivel nacional. Para nós foi unha enorme honra que se mencionara o nome de Komic Librería ao falar das librarías máis salientables neste apartado: dende sempre temos moi claro que @s máis pequerrech@s son @s lectores do mañá, e que o fomento da lectura entre o público infantil ha de ser un compromiso ineludible para nais e pais, mestres e mestras e, porque non, libreir@s.

Komic Librería: Super Pótamo

Precisamente unha das editoras que máis e mellor aposta pol@s máis pequen@s á hora de publicar as súas obras é a franco-española Bang, que dende a súa Colección Mamut ten achegado títulos xa clásicos como Astro-Ratón y Bombillita, Cecilia Van Helsing ou Federico, tenis sobre hielo, e que recentemente presentou varias interesantes e divertidas novidades.

Komic Librería: Super Pótamo

O noso crítico de bd infantil, Pedro Barreiro, dános a súa opinión dunha delas. Trátase de Super Pótamo, de Raphaelle Barbanegre e Davide Cali, recomendada para lectores e lectoras de máis de seis anos:

Komic Librería: Super Pótamo

Encántame este cómic porque ten uns debuxos de superheroes inventados moi chulos e uns coloríns moi rechamantes.

O protagonista é un hipopótamo que quere convertirse en superheroe. Son cinco capítulos, por exemplo no primeiro busca grupos de superheroes que o acepten pero como non ten superpoderes ningún o quere.

Váise só a unha illa pero non hai acción así que convida a uns malvados para pelexar pero danlle unha malleira.

Logo convida a uns bos para formar un grupo... ¿quen gañará?


Komic Librería: Super PótamoSuper Pótamo
Raphaelle Barbanegre / Davide Cali

Bang
Tomos: 1
+6