Conspiraciones, de José Domingo: un exercicio de equilibrio entre realidade e retranca

Komic Librería: Conspiraciones


Non é mala opción a do humor para achegarse aos temas máis serios, e precisamente esta é a principal arma que emprega José Domingo en Conspiraciones para falarnos do control que sobre tod@s nós exercen pequenos grupúsculos que conforman a elite mundial na sombra.

Komic Librería: ConspiracionesCon esta obra, enmarcada dentro da colección Leyendas urbanas de Astiberri, na que os autores revisitan lendas populares do noso tempo nun formato de minicómic en tapa dura, o excelso historietista volve demostrar, tras o seu imprescindible Aventuras de un oficinista japonés (Bang, 2011), que é unha das voces máis interesantes e orixinais do panorama actual.

Komic Librería: ConspiracionesCo seu delirante e xenial trasunto o profesor Domenikus como anfitrión e guía preséntanos unha viaxe a través das teorías conspiranoides, aportando moitísima información sobre sociedades secretas que teñen como fin o control encuberto da humanidade e das que tod@s temos escoitado falar.

Xa que logo polas súas páxinas desfilan nomes como os Templarios, os Illuminati ou o Club Bilderberg, nunha sucesión de datos e explicacións que acadan deixar un sorriso na nosa boca e moitas dúbidas razonables no noso pensamento. ¿Ata que punto somos libres? ¿controlamos realmente as nosas vidas e os nosos actos ou hai unha man negra tras as nosas decisións? ¿quen pode formar parte dese goberno mundial na sombra? Todas estas preguntas, que semellan entroncar co sensacional diálogo entre Cassen e Saza en Amanece que no es poco atopan posibles respostas nas sesenta páxinas que conforman este grandísimo libriño.

Komic Librería: ConspiracionesJosé Domingo realiza en Conspiraciones un magnífico exercicio de equilibrio entre a realidade e a retranca máis afiada, apoiado no seu falangueiro narrador e mesturando datos e símbolos reais con suposicións máis caricaturescas. E o mesmo acontece coa forma da obra, na que o texto ten unha importancia vital pero onde o aspecto gráfico acompaña en todo momento, nun alarde tremendo de imaxinación e recursos varios co que o autor volve, unha vez máis, sorprender aos seus lectores.

Komic Librería: ConspiracionesEsta compenetración entre o que nos conta e como o fai funciona á perfección e dá como resultado unha lectura divertidísima e asequible mesmo para lectores ou lectoras non habituad@s ao mundo da viñeta. Vamos, que sería o libro perfecto para recomendarlle a Fox Mulder no hipotético caso de que un día visitara Komic Librería. Así que xa sabedes, se sodes dos que credes nas teorías conspirativas, este é o voso comic, e se non lle dades maior importancia a estas (teóricas) lendas modernas, tamén.


Komic Librería: ConspiracionesConspiraciones
José Domingo

Astiberri
Tomos: 1