Blacksad #5. Amarillo, de Canales e Guarnido: agardando tempos mellores

Komic Librería: Blacksad #5. Amarillo


O pasado venres chegou aos nosos andeis Amarillo, o quinto álbum da exitosa serie Blacksad, as aventuras de xénero negro protagonizadas por animais antropomórficos e coas que Juan Díaz Canales e máis Juanjo Guarnido acadaron un éxito internacional sen precedentes, tanto a nivel de vendas como por parte da crítica.

Komic Librería: Blacksad #5. AmarilloComo nos títulos anteriores a acción está situada nos Estados Unidos durante os anos 50 ou 60, e para este novo relato os autores escollen a fórmula de road movie para levar ao detective John Blacksad dende o sur americano ata Chicago tras a pista de dous escritores beatniks.

Komic Librería: Blacksad #5. Amarillo

 tamén como nas anteriores entregas aprezamos un elegante e documentado gusto á hora de recrear esta época. Aparecen novos personaxes, coma a hiena avogada Neal Beato ou Donna, a irmá de Blacksad, e outros son recuperados de historias anteriores.

Komic Librería: Blacksad #5. Amarillo

O espectacular e multipremiado debuxo de Guarnido volve ser a principal baza desta historieta, que chama a atención dos lectores xa dende a súa cuberta, na que vemos ao noso felino preferido conducindo un precioso Cadillac Eldorado de cor amarela polas estradas americanas.

Komic Librería: Blacksad #5. Amarillo

Non obstante resulta ser un álbum de transición, no que o nivel do guión baixa algúns chanzos respecto ao que nos tiñan afeitos nos outros títulos da serie, nunha historia que tristemente resulta un tanto insubstancial e da que agardabamos bastante máis. O errático da acción afecta mesmo ao comportamento do personaxe principal, que aparece aquí desdebuxado e menos protagonista do habitual.

Komic Librería: Blacksad #5. Amarillo

Non queremos dicir que este sexa un mal cómic, nin moito menos, pero o certo é que dende a primeira aparición da saga, aló polo ano 2000, o listón foi subindo cada vez máis e máis e tras a lectura de Amarillo non podemos evitar a sensación de que non será esta precisamente a aventura máis recordada deste gato negro que cativa a milleiros de lectores e lectoras, pero que con seguridade o talento dos seus creadores saberá reconducir en futuras entregas.


Komic Librería: Blacksad #5. Amarillo

Blacksad #5. Amarillo
Juan Díaz Canales / Juanjo Guarnido

Norma
Tomos: 1