La propiedad, de Rutu Modan: Segredos en familia

Komic Librería: La propiedad


Hai quen afirma que non debemos voltar aos lugares onde fomos felices e quen nos advirte sobre o risco de reabrir vellas feridas que ten remexer no pasado. Se a isto lle sumamos a interesante cita que hai no comezo desta obra (En familia non fai falla dicir toda a verdade, e a iso non se lle chama mentir) teremos as bases do argumento de La propiedad, a última obra da israelita Rutu Modan.

Komic Librería: La propiedadPublicada, como os seus títulos anteriores Metralla e Jamilti, por Sins Entido, esta banda deseñada confirma a Modan como unha historietista enxeñosa con gran habilidade para compoñer a psicoloxía dos seus personaxes dentro de historias costumistas onde o absurdo inherente ás nosas vidas sempre ten un lugar importante.

Komic Librería: La propiedadEste relato vainos presentar a unha vella xudía, Regina Segal, que tras a morte dun dos seus fillos viaxa dende Israel ata Varsovia na compaña da súa neta Mika para reclamar un inmoble propiedade da familia que lles foi arrebatado na Segunda Guerra Mundial. Esta viaxe, aparentemente inocente, estará chea de segredos intrigantes e sorprendentes revelacións dende que chegan a terras polacas, nunha divertida reflexión sobre afrontar as consecuencias dos nosos actos, mesmo moitos anos despois.

Komic Librería: La propiedadA autora emprega un elegante humor cheo de sutileza para contarnos esta historia de segredos familiares, e dosifica a intriga de maneira impecable nun esquema clásico da comedia de enredo que se vai ver enriquecido polas historias persoais que levan ás costas cada un dos distintos personaxes.

Komic Librería: La propiedadTodo isto é narrado cun debuxo clásico de liña clara coloreado de xeito suave e acolledor, polo que La propiedad resulta ser unha agradable e entretida lectura, que dende aquí vos recomendamos agardando que vos guste tanto como a nós.


Komic Librería: La propiedadLa propiedad
Rutu Modan

Sins Entido
Tomos: 1