Cielos radiantes: Taniguchi volve tocar as nosas fibras máis sensibles

Cielos radiantes


Jiro Taniguchi posúe unha chea de virtudes que fan que leamos e recomendemos a case totalidade da súa obra. Ademais, tras a lectura, áinda sen coñecelo sentimos cara el admiración e respecto por ser quen de transmitirnos de xeito maxistral todo o que se propón, que non é pouco.

Partindo dun plantexamento que puidera semellar pouco orixinal en relación aos seus anteriores mangas, Cielos radiantes volve tocar as nosas fibras máis sensibles para facernos reflexionar sobre cuestións ás que non adicamos moito tempo nestes días que vivimos.


Cielos radiantesUnha noite de verán un home adulto duns corenta anos (personaxe xa arquetípico na obra de Taniguchi) e un mozo moteiro chocan nun fatal accidente.  Tras dez días nos que ambos os dous permanecen en coma, Kazuhiro Kubota, casado e pai dunha nena pequena, morre e curiosamente ao mesmo tempo o mozo, Takuya, comeza a recuperar a súa actividade cerebral. Cando por fin esperta do coma o malferido corpo do rapaz contén a consciencia e as lembranzas do adulto Kubota. Esta situación tan fantástica, pasada polo tamiz do mestre Taniguchi resulta tan crible coma posible e vainos dar pé a recapacitar nos mesmos termos nos que o fai o personaxe. Coma sempre hai un compoñente de sorpresa no guión e chegamos ás derradeiras páxinas coa sensación de que pagou moito a pena mergullarnos no universo persoal do noso autor favorito do país do sol nacente.


Cielos radiantesCielos radiantes
Jiro Taniguchi

Ponent Mon
Tomos: 1