ESTOY AQUÍ, de Iván Sende (Diábolo): a exhaustiva, nítida e rigurosa biografía de Ramana Maharshi (1879-1950).

ESTOY AQUÍ, de Iván Sende (Diábolo): la exhaustiva, nítida y rigurosa biografía de Ramana Maharshi (1879-1950).


Iván Sende é, sen dúbida algunha, unha necesaria rara avis dentro do panorama comiqueiro galego, un autor extraordinario e único que segue o seu propio camiño, seguro do que fai e de como o fai, que vén de sorprendernos de novo con Estoy aquí, o seu último traballo.

Xa o fixera en 2015 con Advaita, a súa primeira incursión no mundo da banda deseñada, onde contaba, con acerto e honestidade, a súa propia experiencia na descoberta do budismo e da espiritualidade oriental.  Nas súas páxinas falaba, entroutras moitas persoas, do protagonista da obra que hoxe comentamos, Ramana Maharshi, o mestre que ensinaba dende o silencio.

De seguido, en 2016, publicou El secreto del Salmo 46, a versión gráfica dunha conferencia de Brian Moriarty sobre distintas mensaxes agochadas en diversas obras de arte ao longo do  tempo.

ESTOY AQUÍ, de Iván Sende (Diábolo): la exhaustiva, nítida y rigurosa biografía de Ramana Maharshi (1879-1950).

E hai poucas semanas chegaba o seu terceiro álbum, Estoy aquí, editado, ao igual que os dous anteriores, por Diábolo Ediciones e no cal atopamos unha rigurosa biografía, un traballo elaborado durante dous anos de compilación bibliográfica e investigación propia sobre un dos máis influentes e respectados mestres hinduístas do século XX.

No primeiro dos catorce capítulos que compoñen Estoy aquí vainos achegar unha visión global da importancia da figura de Ramana Maharshi partindo do impacto e repercusión, tanto na India coma no resto do mundo, que tivo o seu pasamento no ano 1950.

ESTOY AQUÍ, de Iván Sende (Diábolo): la exhaustiva, nítida y rigurosa biografía de Ramana Maharshi (1879-1950).

A partires disto teremos unha moi clara exposición, fiada cronoloxicamente, das distintas etapas da vida de Venkataram, nome que empregaba a súa familia para chamar a Ramana cando era neno.  Con só 16 anos, trala morte do seu pai, de xeito espontáneo Romana comezou a reflexionar sobre a súa propia existencia e pouco despois descobre a literatura devocional da tradición tamil.  Un feito iniciático persoal dá pé a un cambio na actitude do adolescente perdendo o interese polo que estaba a facer e estudar ata ese intre.  Sen previo aviso á súa familia colle un tren cara Tiruvannamalai, cidade a centos de quilómetros de Madurai, onde residía, sen máis ca unhas poucas moedas para a viaxe.  Ao chegar diríxese ao templo ao pé da montaña Arunachala, lugar sagrado de peregrinación para os seguidores de Shiva.  E xa non iría moi lonxe daquel lugar no resto da súa vida.

A determinación e a fortaleza espiritual do mozo renunciante pronto chaman a atención, tanto de devotos peregrinos como doutros gurús.  Ramana nunca estivo unido a congregación algunha pero co paso do tempo moitos quixeron vivir ao seu carón e poñerse ao seu servizo, polo que se foi formando un grupo e pasou da soidade dunha cova na montaña ata fundar, sen pretendelo, un ashram (templo) que levará o seu nome.  Na súa madurez Ramana acollerá á súa nai, logo ao seu irmán, que se ocupará das tarefas de xestión á vez que el mesmo toma ao seu cargo asuntos mundanos como a despensa, a cociña ou os traballos de construción e ampliación das estruturas do ashram.

ESTOY AQUÍ, de Iván Sende (Diábolo): la exhaustiva, nítida y rigurosa biografía de Ramana Maharshi (1879-1950).

Na segunda metade da obra Iván acada trasladarnos de maneira fluída e integrada de xeito natural na súa narrativa moitas das ensinanzas do mestre, sempre compiladas por outros, malia que Ramana tamén atopou tempo para escribir pequenos tratados espirituais, que mesmo foron traducidos por el mesmo a linguas coma o telugu ou o malayalam.

O debuxo minimalista de Iván, coloreado en acuarela cunha gran delicadeza, serve con perfección ao seu propósito e condúcenos cara o final da vida de Romana cunha sensibilidade e unha mística moi axeitadas.  As últimas páxinas son un preciso exercicio de síntese de todo ao que os devotos de Ramana aspiran a comprender así como a afirmación dun autor e do seu estilo único.

ESTOY AQUÍ, de Iván Sende (Diábolo): la exhaustiva, nítida y rigurosa biografía de Ramana Maharshi (1879-1950).

Salientamos así mesmo o enorme progreso de Iván como narrador, así como tamén na construción e estruturación das páxinas, transmitindo unha agradable e introspectiva sensación de paz e harmonía, como se fose unha achega máis á mensaxe do biografiado.

Xa que logo, aquí vos deixamos esta recomendación e tamén vos anunciamos que o vindeiro sábado 11 de decembro, a partires das 18:30 horas, teremos a Iván Sende en Komic para presentar e asinar exemplares de Estoy aquí.