DESTINO SANTIAGO, de Helder Rodrigues (Demo): camiñando con sinceridade e humor.

DESTINO SANTIAGO, de Helder Rodrigues (Demo): caminando con sinceridad y humor.


Temos comentado en varias ocasións que resulta curioso o escaso número de bandas deseñadas que tratan a temática xacobea, sobre todo se temos en conta a morea de ensaios, guías ou documentais que hai sobre o Camiño de Santiago.  

Este reducido número de “obras peregrinas” aumenta con Destino Santiago, un álbum editado por Demo hai unhas semanas e co cal descobremos así mesmo o traballo do seu autor, Helder Rodrigues, un artista gráfico portugués cunha extensa traxectoria nos eidos da ilustración, deseño e animación que decidiu empregar as viñetas para nos achegar a súa propia experiencia tras percorrer o Camiño do Norte.

DESTINO SANTIAGO, de Helder Rodrigues (Demo): caminando con sinceridad y humor.

Malia a súa cativa experiencia no medio –outro título autoeditado en alemán é a súa única bagaxe no mundo do cómic- o resultado final é unha lectura fluída e moi, moi fresca, na cal Helder bota man do seu talento para a secuenciación e de ter vivido o que nos conta en primeira persoa para construír un relato interesante e divertido a partes iguais.

Con sinceridade, humor e unha certa inocencia vainos contar o seu camiño dende o momento que toma a decisión de facelo, nun intre de crise existencial e, sobre todo, laboral.  De xeito moi xeneroso vai compartir connosco os seus triunfos e fracasos, as súas dúbidas, os seus atrancos –especialmente físicos- ou as distintas maneiras nas cales a realidade desmente ou confirma as ideas preconcebidas coas que comeza a ruta en Irún.  Ademais de, por suposto, permitirnos asistir aos encontros que ten con outros peregrinos ou as paisaxes polas que camiña.

DESTINO SANTIAGO, de Helder Rodrigues (Demo): caminando con sinceridad y humor.

Xa que logo aquí vos deixamos esta recomendación, un particular, honesto e dinámico caderno de viaxe sobre o Camiño que o propio Helder Rodrigues presentará e asinará na nosa librería o vindeiro venres 4 de febreiro a partires das 18:00 horas.  Agardámosvos!!!