Aterran en Komic Librería catro novos vehículos da saga Star Wars
29/07/2014
Hasbro tráenos unha nova serie de espectaculares vehículos da saga Star Wars, neste caso os pilotados Anakin, Obi-Wan, Jango Fett e Boba Fett. Miden aproximadamente 35 x 25 x 8 cm, teñen mobilidade nas ás, inclúen lanzamísiles e permiten colocar unha figura no seu interior.
Darth Vader, máis grande que nunca e, agora, armado con sabre láser
23/07/2014
Xa recibimos en Komic Librería a última sorpresa de Jakks Pacific: unha nova figura de 79 cm de Darth Vader con interesantes melloras.
Dispoñibles en Komic Librería as figuras Vinyl Pop de Juego de Tronos
10/07/2014
Komic Librería está a ser invadida polos personaxes da serie de televisión Juego de Tronos (Game of Thrones), unha nova liña de figuras de 10 cm de alto lanzada por FUNKO dentro da súa sorprendente colección Vinyl Pop: Ned Stark, Robb Stark, Daenerys Targaryen, Joffrey Baratheon, Ygritte... Os vosos personaxes favoritos, como nunca antes os virades.
Novas figuras de Dragon Ball Z en Komic Librería
08/07/2014
Marukatsu España tráenos un puñado de figuras de PVC da serie Dragon Ball Z, que representan con gran detalle a algúns dos seus principais personaxes: Son Goku neno (8,5 cm), Son Goku adulto (15 cm), Krillin (10 cm), Son Goten (7,5 cm) e Muten Roy (8,5 cm). Botádelles unha ollada, e non as deixedes escapar!
Desembarcan en Komic Librería as figuras de acción de One Piece
25/03/2014
Chegan a Komic Librería, da man de Obyz, as espectaculares figuras de acción de Luffy, Zoro e Buggy, protagonistas do exitoso manga One Piece creado por Eiichiro Oda. As figuras, de entre 12 e 14 cm de alto, contan con articulacións e características que reflicten os principais trazos dos tres personaxes.
3/12