Os personaxes de One Piece abordan Komic Librería

One Piece


Chegan a Komic Librería os personaxes de One Piece, o manga creado por Eiichiro Oda: dous simpáticos peluches, máis tres figuras da espectacular colección "Portrait of Pirates", de Megahouse.

One Piece é unha aventura épica de piratas que se converteu no manga máis exitoso da historia da revista "Shonen Jump", con máis de 260 millóns de copias vendidas.

One Piece

Publicado por primeira vez o 4 de agosto de 1997 en "Weekly Shonen Jump", narra a historia de Monkey D. Luffy, un mozo que, inspirado polo lendario pirata Shanks "O Rubio", inicia unha viaxe destinada a dar co tesouro One Piece e, así, converterse no novo Rei dos Piratas. A serie foi levada á súa versión anime por Konosuke Uda, e encóntrase en antena dende agosto de 1999.

One Piece

Os peluches, lanzados por Jemini, miden 20 cm de altura, e representan a Monkey D. Luffy e Tony Tony Chopper, capitán e médico dos Piratas do Sombreiro de Palla, respectivamente.

Pola súa banda, as figuras da serie "Portrait of Pirates", de Megahouse, representan outros tres carismáticos personaxes a escala 1/8 (23-25 cm): O Capitán Smoker, reedición dunha das figuras máis exitosas desta colección, God Enel, que destaca pola súa riqueza de detalles, e Shanks "O Rubio", unha obra mestra esculpida por Yuki Ishiyama a partir dunha ilustración do propio Eiichiro Oda.

One Piece: Capitán SmokerOne Piece: Capitán Smoker

Capitán Smoker

One Piece: God EnelOne Piece: God Enel

God Enel

One Piece: Shanks El PelirrojoOne Piece: Shanks El Pelirrojo

Shanks "O Rubio"