Xa en Komic Librería o primeiro título de Métal Hurlant, a nova colección dedicada a Moebius

Lectoras e lectores amantes de Moebius, estades de noraboa, pois Norma Editorial vén de lanzar Métal Hurlant, unha nova colección adicada ao mestre do cómic tristemente finado hai xa case un ano.
Esta colección chámase Métal Hurlant en homenaxe á mítica revista francesa de ciencia-ficción da que foi tamén fundador, e recompila algunhas das súas máis destacadas obras tal e como se publicaron no seu día nos Estados Unidos, é dicir, en cartoné e coloreadas. Deste xeito nunca foran editadas en español, así que esta é unha ocasión estupenda para descubrir, revisitar ou completar a obra de Jean Giraud, un artista irrepetible.
A colección Métal Hurlant vai ter unha periodicidade mensual, e está formada polos seguinte títulos, dos cales xa temos en Komic Librería o primeiro, The long tomorrow:
1 - The long tomorrow
2 - El hombre de Ciguri
3 - La ciudadela ciega
4 - Escala en Pharagonescia
5 - Las vacaciones del Mayor
6 - El garaje hermético
7 - Arzach
8 - El empalmado loco
9 - Caos / Crónicas metálicas

