Taschen recopila 75 Anos de DC Comics nun superlibro que non te podes perder

Komic Librería: 75 Years of DC Comics


En Komic Librería temos unha xoia que non pode faltar na túa biblioteca: 75 Years of DC Comics - The Art of Modern Mythmaking, un impresionante e exhaustivo libro sobre DC Comics, editado por Taschen para conmemorar o 75 aniversario da famosa editorial norteamericana.

Komic Librería: 75 Years of DC Comics75 Years of DC Comics - The Art of Modern Mythmaking é un auténtico superlibro de 720 páxinas que inclúe, entre outras cousas, unha cronoloxía despregable, un completo apéndice de artistas, escritores, editores, editoriais e actores, e máis de 2000 imaxes de portadas, interiores, ilustracións orixinais, fotografías e merchandising.

Komic Librería: 75 Years of DC ComicsKomic Librería: 75 Years of DC Comics
Ademais, Paul Levitz, editor e escritor que concluíu 35 anos de carreira en DC Comics como presidente e director editorial, é o encargado de debullar a historia da editorial dende o seu nacemento.

Komic Librería: 75 Years of DC ComicsKomic Librería: 75 Years of DC ComicsKomic Librería: 75 Years of DC Comics

Con todo isto, 75 Years of DC Comics - The Art of Modern Mythmaking dá boa conta dun dos principais focos de creación mitolóxica contemporánea, converténdose nun referente ineludible para todo amante dos cómics.


Komic Librería: 75 Years of DC Comics75 Years of DC Comics -
The Art of Modern Mythmaking

Paul Levitz

Taschen
Tomos: 1