Chega en marzo a esperadísima reedición de V de Vendetta

Komic Librería: V de Vendetta, Reedición


ECC anunciou para este mes de marzo o lanzamento da esperadísima reedición de V de Vendetta, a obra mestra de Alan Moore e David Lloyd.

V de Vendetta, orixinalmente unha serie de cómics publicados entre 1982 e 1988, discorre en Gran Bretaña durante uns distópicos anos 90 post guerra nuclear, nos que a enigmática e fascinante figura de V se rebela contra o feroz control que o goberno autoritario exerce sobre a sociedade.

Komic Librería: V de Vendetta, Reedición
A mensaxe de V de Vendetta cobrou especial vixencia nestes tempos, nos que a máscara que cobre o rostro de V mesmo se converteu en símbolo dun xeito de pensar.


Komic Librería: V de Vendetta, ReediciónV de Vendetta
Alan Moore / David Lloyd

ECC Ediciones
Tomos: 1