O amor está no aire... e nos cómics

Komic Librería: San Valentín


Ai, o amor, ese sentimento tan difícil de definir e que tantos quebradeiros de cabeza dá... Bolboretas no estómago, suores frías, cara de lelo ou lela, os seus síntomas son moitos e diversos, pero iso si, poucas alegrías son comparables á do amor correspondido e poucas tristuras rivalizan co amor perdido. Por iso, e coincidindo coa proximidade do día de San Valentín, dende Komic Librería recomendámosvos varios títulos perfectos para celebrar esta data.

En primeiro lugar, moito ánimo: chegar á persoa amada pode non ser doado ás veces, se necesitades axuda o noso querido Pascal Brutal, paradigma do seductor refinado, estará encantado de aconsellaros para que triunfedes nas artes amorosas. Se aínda así o resultado non fora o desexado, máis ánimo: se non funciona hai que seguir nadando, comoo en El gusto del cloro.

Komic Librería: Pascal Brutal + El gusto del cloro

E lembremos que, en ocasións, hai que armarse de paciencia: a vida dá moitas voltas, que llo pregunten á parella protagonista de Habibi! Tamén hai que ter presente que non abonda con chegar e ala, misión cumprida. O amor é como un xardín que debe ser regado todos os días, e traballiño custa. Pero con amor é máis doado afrontar os golpes que de cando en vez nos manda a vida, como fan Frederik e Cati en Píldoras Azules.

Komic Librería: Habibi + Píldoras azules

E ademais, nunca é tarde para amar e ser amad@: Emile, o entrañable ancián de Río Abajo, pode dar boa fe disto. Por certo, se por convicción ou equivocación rematades na vicaría, tamén podedes botar un ollo aos preparativos que Adrian Tomine conta en Escenas de un matrimonio inminente.

Komic Librería: Río abajo + Escenas de un matrimonio inminente

Pois ala, que teñades moi bo día de San Valentín, e que vos regalen moitos bicos!