Los muertos vivientes #17: Algo que temer, xa en Komic Librería

Komic Librería: Los muertos vivientes 17


Acabamos de recibir en Komic Librería o número 17 da serie Los muertos vivientes, creada por Robert Kirkman e debuxada por Charlie Adlard. Este novo volume, titulado Algo que temer, recompila os números 97 ao 102 de The walking dead e, ademais de manter os sinais de identidade que definiron esta serie, inclúe o seu histórico e sorprendente número 100.

Aínda non sabes de que vai Los muertos vivientes? Unha epidemia de proporcións apocalípticas varreu a Terra facendo que os mortos se ergan e se alimenten dos vivos. Nunha historia de zombies sen fin, un grupo de superviventes intentan marcar a diferenza e, sobre todo, seguir existindo. Este é o argumento central de Los muertos vivientes, unha serie regular pola que Robert Kirkman logrou o prestixioso premio Eisner. O éxito do cómic provocou que, en 2010, a cadea estadounidense AMC o adaptase á televisión.


Komic Librería: Los muertos vivientes 17Los muertos vivientes #17:
Algo que temer

Robert Kirkman / Charlie Adlard

Planeta DeAgostini