VERDE, de Autsaider Comics, xa en Komic Librería

Komic Librería: VERDE, de Autsaider Comics


Xa temos VERDE, de Autsaider Comics, en Komic Librería. Pero... que é VERDE? Segundo os seus editores, VERDE é "o equivalente, na novena arte, ás infusións de fiuncho como remedio contra os gases. O VERDE non é vida, é moito máis intenso... A excitación, o pracer, os tocamentos e todo iso, esquézase, non son nada ao lado deste compilado de tebeos ananos".

Komic Librería: VERDE, de Autsaider Comics

Á vista e ao tacto, parece claro que VERDE é unha bonita caixa de cartón que contén 16 minitebeos de 20 páginas, con cubertas a cor e interiores en branco e negro, debuxados por, atención, tomen aire: Manel Fontdevila, Andrés Magán, Mauro Entrialgo, Pau Anglada, Víctor Aparicio, Javi Godoy, Calvo, Jorge Parras, Chema García, Jano, Javier Herráiz, Marc Torices, Ana Galvañ, Piñata, Gustavo Sala e Alvarortega.

Komic Librería: VERDE, de Autsaider ComicsCase nada, e ademais vén en edición numerada limitada a 500 unidades, así que xa o sabedes: se seguides dándolle voltas ao que é VERDE, cando vos decatedes igual xa se largou para non volver...