Dúas obras mestras de Joe Sacco, Palestina e Gorazde, zona segura, xa dispoñibles en galego

Komic Librería: Joe Sacco, en galego


A unha semana de que se celebre o Día Internacional do Libro, chegan moi boas noticias para o cómic galego: dúas obras mestras de Joe Sacco, Palestina e Gorazde, zona segura, acaban de ver a luz traducidas ao noso idioma da man de Rinoceronte Editora Rinoceronte Editora.

Komic Librería: Palestina e Gorazde, en galego

Palestina, American Book Award en 1996, é o resultado das notas tomadas por Joe Sacco entre 1991 e 1992, durante a súa estanza nos territorios ocupados, onde a convivencia cos palestinos lle permitiu explorar de primeira man á súa complexa situación.

En Gorazde, zona segura, premio Will Eisner á Mellor Novela Gráfica Orixinal en 2001, Joe Sacco desenvolve outra das súas características crónicas, nas que os grandes temas se mesturan con historias persoais. Así, ao tempo que narra o asedio a esta zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia, tamén retrata ás persoas coas que se encontrou ao longo das súas viaxes, realizadas entre 1995 e 1996.

Se aínda non os liches, non o dubides: este é o momento!


Komci Librería: Palestina (Rinoceronte Editora)Palestina
Joe Sacco

Rinoceronte Editora
Tomos: 1





Komci Librería: Gorazde, zona segura (Rinoceronte Editora)Gorazde, zona segura
Joe Sacco

Rinoceronte Editora
Tomos: 1