Komic Librería repasa as novidades editoriais destacadas de abril de 2013, Parte 2

Komic Librería: Pudridero 2


Proseguimos en Komic Librería co noso resumo das novidades máis salientables do mes de abril, e así, tras a morea de títulos que vos ofrecimos onte, achegámosvos hoxe máis obras recén aparecidas e moi, moi recomendables.

Komic Librería: Yakari 12

Comezamos esta segunda parte cos títulos destinados aos máis cativos, que sen dúbida están de noraboa pola saída do número 12 de Yakari (Norma) con novas aventuras do noso indio preferido, ou pola publicación de Otra vez el Supergrupo (Ediciones B), un novo libro de Superlópez onde Jan recupera ao mítico grupo de superheroes que creara hai trinta anos. Para nenos e nenas de todas as idades chega, da man de Norma, a versión en viñetas das peripecias de Finn y Jake en Hora de aventuras.

Komic Librería: La armadura de Jakolass - La gran odaliscaKomic Librería: La infancia de Alan - Gabo

Ademais de La armadura de Jakolass (Norma), de Manu Larcenet, e La gran odalisca (Diábolo) de Bastian Vivés, Ruppert e Mulot, que xa comentamos por estes lares, salientamos La infancia de Alan (Sins Entido), onde Emmanuel Guibert vainos contar as lembranzas de nenez de Alan Cope, o soldado norteamericano protagonista dunha das súas obras máis coñecidas (La guerra de Alan). De lembranzas vai tamén Gabo, memorias de una vida mágica (Sins Entido), a biografía en banda deseñada de Gabriel García Márquez, con guión de Óscar Pantoja, e ilustracións de Miguel Bustos, Felipe Camargo, Tatiana Córdoba e Julián Naranjo.

Komic Librería: Baco - Metal Hurlant 4, Escala en Pharagonescia

Destacamos tamén a celebrada reedición de Baco (Astiberri), de Eddie Campbell, a particular versión que do Deus do Viño e doutros mitos gregos fixo o autor escocés, e Escala en Pharagonescia, o cuarto tomo da colección Métal Hurlant, que recompila as edicións a cor de varias dos títulos máis salientables de Moebius.

Komic Librería: Casa Bábili

E para rematar coa bd europea, unha das obras que máis nos chamaron a atención neste 2013, tamén comentada aquí, Casa Bábili (Norma), unha historia sobre a poboación civil no Iraq de hoxe en día.

Komic Librería: Fraction - FénixKomic Librería: Regreso al mar - Death Note

Dende Xapón chegou, por fin, a última e desacougante historia de Shintaro Kago, un dos máximos expoñentes do xénero ero-guro que en Fraction (EDT) vainos propor unha historia de misterio ao estilo da novela detectivesca clásica que, con toda seguridade, gustará aos seus seguidores. Tamén do país do sol nacente proveñen tres reedicións máis que sinaladas: Planeta presenta a do clásico de Osamu Tezuka Fénix e a de Regreso al mar, de Sateshi Kon. Norma, pola súa banda, comeza a nova edición de Death Note en seis tomos.

Komic Librería: Petrogrado - La Hermandad de Historietistas del Gran Norte

Salientamos así mesmo varios títulos procedentes da outra beira do Atlántico, como son Petrogrado (Norma) ou La Hermandad de Historietistas del Gran Norte (Sins Entido), ámbalas dúas xa comentadas na nosa páxina.

Komic Librería: Pudridero 2

A estes títulos engadimos a segunda entrega de Pudridero, obra de Johnny Ryan e publicada por Entrecómics e Fulgencio Pimentel, o primeiro número da nova serie regular de Ojo de Halcón (Panini), o carismático arqueiro de Marvel que desta vez volve cos dinámicos guións de Matt Fraction e co espectacular debuxo do español David Aja, e tamén a primeiro tomo de Prophet (Aleta), unha serie de ciencia-ficción sorprendente e que ten entre os seus autores á nosa benquerida Emma Ríos.

Komic Librería: Ojo de Halcón - Prophet

E ata aquí chegamos, agardamos que este resumo vos fora de utilidade e que poidades atopar algo interesante entre todos estes títulos. Volveremos dentro dun mes para comentar as novidades deste mes de maio, ata entón!