MARRÓN, de Autsaider Cómics, xa dispoñible en Komic Librería

Komic Librería: MARRÓN, de Autsaider Cómics


Xa temos en Komic Librería a nova marabilla cromática cortesía dos amiguetes de Autsaider Cómics: a caixa MARRÓN que, tras o fulgurante éxito da VERMELLA e da VERDE, volve a impactarnos con 16 minitebeos de grampa en branco e negro realizados, one more time, por un impresionante elenco de autores entre o que se atopan ilustres ilustrados como Max, Pedro Vera, Álvarez Rabo ou Martí.

Komic Librería: MARRÓN, de Autsaider CómicsMención aparte merece a participación galaica, cos ínclitos e xeniais José Domingo, Alberto Guitián e Berto Fojo. Cremiña fina, cousa boa, esgótanse os epítetos para definir esta magna obra mestra do tebeo underground.

Por certo, trátase dunha edición limitadísima de 500 exemplares: reserva o teu en Komic Librería, que logo quedas sen el e choras!