Komic Librería presenta: Top 10 de lecturas recomendadas para o Samaín

Komic Librería: Top 10 Samaín


Achégase a noite do Samaín, e dende Komic Librería querémosvos axudar a que sexa a máis terrorífica do ano, na compaña das lecturas máis arrepiantes destes últimos meses.


10

BrujeandoBrujeando
Teresa Valero / Juanjo Guarnido
Norma

Os máis cativos tamén teñen dereito a pasar un pouquiño de medo esta noite... Medo e gargalladas, un cóctel estupendo grazas ao terceiro tomo deste cómic.


09

Cousas de mortosCousas de mortos
Manel Cráneo
Demo Editorial

Que sería desta noite sen os defuntos? E que opinan eles de todo isto? O sepultureiro Manel Cráneo dálles voz neste cómic.



08

Los muertos vivientes integral 4Los muertos vivientes
Robert Kirkman / Charles Adlard
Planeta

Acaba de publicarse o cuarto tomo integral desta aterradora obra, na que seguimos a dura loita por sobrevivir nun mundo cheo de zombis.




07

AIDP IntegralAIDP
VV.AA.
Norma

A brigada que investiga casos sobrenaturais e á que pertenceu Hellboy, AIDP, volve aos andeis de Komic Librería en formato integral, perfecto para ler a carón da cheminea nesta noite tan especial.


06

Rachel RisingRachel Rising
Terry Moore
Norma

Ata o horror se achega tamén Terry Moore no primeiro tomo deste relato de bruxas e demos que provocará calafríos aos máis afoutos.



05

American VampireAmerican Vampire
VV.AA.
ECC

O vampiro, outro personaxe clásico do terror, vese brillantemente reformulado neste cómic.




04

Se hai un escritor de terror ao que as adaptacións á bd das súas obras lle acaen como cadáver ao cadaleito, ese é H.P. Lovecraft, ben sexan versións serias, como En las montañas de la locura, ou con humor, como La cripta del horror innombrable.

En las montañas de la locuraEn las montañas de la locura
Enrique Breccia
Sins Entido






La cripta del horror innombrableLa cripta del horror innombrable
François Launet
Diábolo






03

SandmanSandman
Neil Gaiman
ECC

A editorial ECC presentou a nova edición de Sandman, a obra mestra de Neil Gaiman, da que acaba de publicarse o seu terceiro volume.




02

Creepy presenta Bernie WrightsonCreepy presenta Bernie Wrightson
Bernie Wrightson
Planeta

Bernie Wrightson é outro gran clásico do terror que víu como se compilaban as súas páxinas para a revista americana Creepy.



01

Da man de Richard Corben, un dos autores que máis arrepíos produce, chégannos dúas mostras de calidade sobrenatural: Ragemoor, unha historia de tintes lovecraftians, e Creepy presenta Richard Corben, unha estupenda e aterradora escolma do seu traballo para a mítica publicación.

Ragemoor
Richard Corben / Jan Strnad
Norma

Ragemoor

Creepy presenta Richard Corben
Richard Corben
Planeta

Creepy presenta Richard Corben

Agardamos que pasedes unha terrorífica noite, e que estas suxestións vos produzan terribles arrepíos... Bo Samaín a todas e todos!