Étienne Davodeau regresa con Rural. Crónica de un conflicto

Komic Librería: Rural


Ediciones La Cúpula tráenos de regreso a Étienne Davodeau con Rural. Crónica de un conflicto, unha obra anterior á aclamada Los ignorantes na que o autor xa se impoñía como mestre e pioneiro do cómic reportaxe.

Komic Librería: Rural

Tras un ano de observación sobre o terreo, seguindo a tres militantes da Confederación Campesiña e tomando apuntamentos do natural no seu caderno, Étienne Davodeau elabora un fascinante retrato documental do ámbito e os grupos humanos que poboan a paisaxe da gandaría e a agricultura actual no oeste de Francia, nunha tranquila zona rural na que todo resulta fermoso e apracible ata que chega unha noticia inesperada: unha autoestrada vai pasar polo lugar.

Komic Librería: Rural

Rural. Crónica de un conflicto constitúe, ademais dun valioso testemuño do noso tempo, unha mostra de cómic humanista, fresco, diáfano e veraz, e encontrarase dispoñible en Komic Librería a partir do 24 de xaneiro.