Nace O Botafumeiro, a nova revista satírica dixital de humor en galego

Komic Librería: Revista O Botafumeiro


Este domingo 12 de outubro, «Fiesta Nacional de España» antes coñecida como «Día de la Raza», por fin verá a luz a nova e esperada revista satírica dixital O Botafumeiro, unha publicación mensual de humor en galego na que os textos convivirán con cómics de debuxantes como Jano, Alberto Guitián, Berto Fojo, Brais Rodríguez, Manel Cráneo, Martín Romero ou Xiomara.

A revista presentouse xa en sociedade, declarando a independencia de España a través do manifesto «Denantes mortos que sinxelos», dispoñible na súa web e a súa páxina de Facebook. Lectura obrigada para botarse unhas risas, poderedes asinalo esteades de acordo ou non coa súa proclama.

Komic Librería: Revista O Botafumeiro

Xa o sabedes: o próximo 12 de outubro permanecede atentos á pantalla do voso dispositivo interneteiro favorito: O Botafumeiro expandirá a súa graza aos catro ventos!