Recomendacións para os Reis Magos: Top 10 de comics infantís e xuvenís editados en 2014

Top 10 de Komic Librería


E tras as nosas recomendacións para o Apalpador (cómic galego), Papá Noel (cómic internacional), Melchor (merchandising) e Gaspar (obras de autores españois), chégalle o turno a Baltasar, un Rei Mago que o pasa pipa vendo aos nenos e as nenas mergullarse na lectura. E como sempre quere acertar, tamén el nos solicitou unha selección variada dos títulos máis recentes para o público infantil e xuvenil: eis aquí a nosa resposta...


10

YakariYakari
Job y Derib
Norma Editorial

Ata dezaseis álbumes hai xa publicados das aventuras deste neno indio norteamericano que ten a fabulosa capacidade de falar e entender a todos os animais.


09

Leyendas de ParvaterraLeyendas de Parvaterra
Raúl Arnáiz
Norma Editorial

Unha agradable sorpresa a desta serie de cinco tomos chea de aventura e fantasía. Ambientada nun mundo máxico do que desapareceron os adultos sen que se saiba o motivo nin porque os distintos pobos de nenos están enfrontados entre si. O protagonista, Leo, recibirá en soños respostas a todos estes enigmas.


08

Superpandilla 2: Mi madre está perdida en el tiempoLa Superpandilla 2: Mi madre está perdida en el tiempo
Christine Beigel / Pierre Fouillet
Bang Ediciones

Ao igual que no primeiro tomo, a imaxinación ao poder. Seguimos a gozar coas aventuras de Lola, unha fantasiosa rapaza que sabe saír de todo tipo de situacións.


07

Los hombrecitosLos hombrecitos
Seron / Desprechins
Dolmen Editorial

Outro clásico da bd europea recuperada por Dolmen, neste caso a abraiante historia de toda unha vila reducida a tamaño microscópico pola chegada dun meteorito. Fantasía e ciencia-ficción con moitísima clase e humor.


06

Trik-TrakTrik-Trak
Stephan Lomp
Bang Ediciones

Para os máis cativos outro título xenial da Colección Mamut, as peripecias dunha pequena escavadora nunha agradecida historia chea de valores.



05

Marieta 3: La buena estrellaMarieta 3: La buena estrella
Nob
Dibbuks

A entrañable velliña Naneta segue a contarnos as súas lembranzas de nenez na casa dos seus avós no campo, e mesmo fai unha interesante e divertidísima achega aos consellos e receitas culinarias en La cocina de Naneta.


04

Johan y PirluitJohan y Pirluit
Peyo
Dolmen Editorial

A serie que víu nacer aos Pitufos, as aventuras dun cabaleiro e dun bufón na Idade Media reeditados marabillosamente en seis tomos. Todo un clásico.


03

Marcopola 3: Dragoneta!Marcopola 3: Dragoneta!
Jacobo Fernández Serrano
Editorial Xerais

Terceira entrega da nosa benquerida illa viaxeira, Marcopola, que xunto ao seu amigo Libro terá que lidiar coa temible Dragoneta. Unha obra moi imaxinativa perfecta para lectores e lectoras que dan os seus primeiros pasos.


02

La memoria del aguaLa memoria del agua
Mathieu Reynès / Valérie Vernay
Norma Editorial

Neste álbum integral coñeceremos a Marion, unha rapaciña que vén de mudarse coa súa nai a unha vila da costa onde descubrirá o misterioso pasado da súa familia e unha terrible e fantástica lenda mariñeira.

Ler reseña >


01

Solos
Fabien Vehlmann / Bruno Gazzotti
Dibbuks

Solos

Cinco rapaces de distintas idades e procedencia social espertan nunha cidade da que desapareceron todos os adultos... Unha das series máis interesantes (e intrigantes) que vimos en moito tempo para os lectores adolescentes.