Juliette, de Camille Jourdy: un regreso moi agardado xa dispoñible en Komic Librería

Komic Librería: Juliette


Fíxose de agardar, pero por fin chegou Juliette, a nova obra de Camille Jourdy, a autora francesa que nos conquistou hai varios anos coa súa excelente, emotiva e divertida triloxía Rosalie Blum, dispoñible actualmente en formato integral.

Komic Librería: Juliette

Este título, un dos máis vendidos na nosa libraría nos últimos anos, gustou e gusta tanto que rara é a semana na que algún komiqueiro ou komiqueira non pregunte por máis obras desta historietista de trazo delicado e minucioso. Pois ben, estamos encantados de vos anunciar que Juliette xa se atopa dispoñible en Komic Librería.

Komic Librería: Juliette

Editado, ao igual que Rosalie Blum, por Ediciones La Cúpula, Juliette cóntanos a historia dunha moza que está a pasar por un mal momento e que procura a solución aos seus problemas retornando á súa vila natal, á casa do seu pai.

Komic Librería: Juliette

Un relato costumista e aparentemente sinxelo que agocha un fondo intimista condimentado cunhas pinguiñas de humor. Unha lectura estupenda e moi recomendable da que podedes aprezar nesta ligazón as súas primeiras páxinas.


Komic Librería: Juliette

Juliette
Camille Jourdy

Ediciones La Cúpula
Tomos: 1